CONCURSO AAVV STA. CRISTINA DE COBRES
CONCURSO AAVV STA. CRISTINA DE COBRES
No século SXVI-XVII foi construída a chamada casa rectoral de Santa Cristina de Cobres. Edificación de planta rectangular distribuída en dous andares, nos que cabe destacar os seus grandes muros de sillería, a escalinata de acceso á primeira planta, a gran cheminea coa súa lareira, elemento tradicional da cultura e historia galega
Dita vivenda foi construída por o cura de Vilaboa como residencia no tempo de lecer. Tras a súa morte, a vivenda quedou para disfrute dos sucesivos curas da parroquia, pero finalmente, nunca acadou este fin.
A finais do ano 2014 a Comunidade de Montes Veciñais de Santa Cristina de Cobres convoca o concurso que nos ocupa para a contratación do proxecto de arquitectura da rehabilitación da rectoral de Santa Cristina de Cobres na parroquia de Santa Cristina de Cobres Concello de Vilaboa.
Na actualidade os veciños de Santa Cristina consideran esta vivenda como unha ruína infrautilizada e ubicada no corazón dun parque que da servizo a esta comunidade veciñal. No noso proxecto pretendemos revertir esta situación e tratar de ligar ambas espazos, servindo de charnela de unión entre os mesmos, e reutilizando dita construción nun viveiro empresarial con diferentes espazos que se poidan adaptar a calquera necesidade ou demanda que a comunidade de montes requira, ademais dunha cafetería que sirva como elemento de encontro de todos os veciños e visitantes de santa Cristina e como elemento potenciador do parque e xardín lindante.
Para isto diferenciamos claramente un uso publico na planta baixa, conectado co parque e cos servizos da zona, e un uso privado na planta primeira, convivindo e fusionándose os dous no mesmo edificio.
Reforma da planta baixa da Rectoral de Santa Cristina de Cobres:
As obras da reforma e acondicionamento da planta baixa da rectoral, teñen como obxetivo básico facilitar o acceso directo dende o parque que linda coa fachada sur da retoral cun amplo espazo público interior en dobre altura, destinado á cafetería, recuperando así a gran escala dos espazos públicos e potenciando este elemento de encontro, creando unha conexión visual entre ambos espazos mediante unha gran xanela corredeira que queda embutida dentro dos muros da construción. Estes mesmos muros da fachada ábrense xusto diante da fiestra para crear esta unión entre ámbolos dous ambentes e así maclar o exterior co interior xerando así amplías visións, circulacións e transparencias entre estes ambentes.
A entrada á planta baixa realizase dende a rúa principal rehabilitando o oco da porta da retoral creando diante desta unha comporta abatilble exterior que se converte nunha marquesina que vale como resgardo das persoas que entran no edificio potenciando a entrada á nova rehabilitación. Unha vez dentro xerase un espazo de recepción articulado mediante un cubo de pedra, no cal se albergan os aseos, este faise reciclando a pedra sobrante do rebaixado e apertura dalgúns muros interiores da rectoral. Este mesmo cubo sirve para crear unha dobre circulación e así poder separar os usos e a circulación pública e privada.
Sobre este situase un patio vexetal interior que sirve de tragaluz mediante una apertura na cuberta que dota a toda a rectoral dunha gran luminosidade e xogos de luces durante todo o transcurso do día, aproveitando ó máximo a luz natural e así mellorar o consumo enerxético durante as horas de sol, e que tamén conecta o ceo ca terra mediante un gran lucernario.
Neste recibidor emprázanse as antigas escaleiras de acceso a planta primeira as cales amplíanse para cumprir a normativa de evacuación sen modificar o soporte nin a riqueza arquitectónica da escaleira existente.
Este espazo da recepción sirve como “fuayer” e distribuidor da cafetería, escaleiras e a entrada a salón polivalente destinada a servir a diferentes usos e cubrir calquera necesidade; tal como sala de conferencias , cursos, exposicións, eventos, aniversarios de nenos, talleres , cursos do preescolar, ampliación da cafetería, cursos de catas para promover a festa do viño de Vilaboa…
Os fluxos peonís conectámolos dándolle continuidade ós pavimentos de pedra, unificando así, o exterior co interior; mentres que a continuidade da luz faise cunha apertura na cuberta, que queda enriba dunha reintenpretación contemporánea dun patio interior tradicional, situado no centro da intervención, e servindo como elemento articulador de tódalas estancias.
Reforma da planta primeira da Rectoral de Santa Cristina de Cobres:
Unha vez chegados a esta planta primeira é posible alcanzar a interesante conexión co ceo mediante o patio interior, o que é atravesado por unha pasarela elevada que conecta todos os espazos desta planta (sala de xuntas e sala de viveiro empresarial). Esta mesma pasarela sirve como elemento de distracción e descanso para as persoas que empregan ditos espazos, reutilizando as fornelas das fiestras en bancos de descanso, facendo unha reinterpretación dos faladoiros, elementos que forman parte da arquitectura galega.
Estas salas da planta primeira destínanse para ó viveiro empresarial, distribuíndose de tal maneira que se poidan dividir segundo as necesidades e demandas do mercado, así poderán sempre adaptalas a diferentes usos e espazos que a comunidade de montes requira.
Concurso realizado en colaboración con: Estefanía Lusquiños Blanco.